Comezar este post dicindo
que para ser boa profesora non hai receitas seica non sería bo comezo, non si?
Sobretodo cando parece
que o éxito e o fracaso do noso alumnado, e polo tanto da sociedade, recae no
que un profesor poida facer nas súas aulas e só en caso de éxito nas políticas
educativas.
Así que aí
vai a miña receita:
Ingredientes: Ilusión
Ilusión
Ilusión.
Preparación:
Mesturar todos os
ingredientes e pase o que pase non desfalecer.
Outra posible receita:
Ingredientes: 2 cuncas
de sadedoría
1 cunca de paciencia
½
cunca de creatividade
1
chisco de ledicia
1
chisco de coraxe
Preparación:
Xunte todos os
ingredientes engadindo moito amor e...ilusión.
En palabras de Thomas Carruthers
un profesor é aquel que se fai progresivamente innecesario. E aínda máis se o profesor é de
Lingua e Literatura porque... escribir é fácil:
Do blog de Xosé Tomás, autor de Nómades, tiramos esta viñeta:Comezas por unha letra maiúscula e terminas con un punto final. No medio colocas as ideas. Pablo Neruda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario