Por Denis del Castillo López, 1º Bac. Tecnolóxico A
Xaneiro 2015
Ás 11:15 soou con forza e xúbilo o timbre que nos concedía unha liberdade inconmensurable a tantos profesores, e sobre todo alumnos, que resistían vagamente as tediosas horas opresivas da metade da mañá. Enxerguei por última vez as fórmulas matemáticas que pola pizarra fluían, como ollaban burlonas e malandrinas a miña dor e agonía, por non poder aprecialas, xogar con elas como comigo facían. Non aguanto máis!. Gardei o caderno polo que discorría húmida tinta, aprisioneina sen compaixón na miña escura mochila e marchei a paso dun guerreiro ás ordes de Atila.
Polo corredor, os meus pensamentos apresurábanse máis que os meus mecanismos pernís. As miñas neuronas desgastábanse lembrando vellas experiencias e conceptos titubeantes e carcomidos, pero cando abrín as portas daquel xardín do coñecemento no que o sol á miña triste vista facíalle destellar, unha enerxía mística e sen mesura comezou a revitalizar o meu apagado corazón e o meu enmarañado tecido cerebral.
Os libros alí ordenados fixaron as súas
nítidas pupilas de madeira de ébano na miña persoa e conectámonos en intensa harmonía.
De súpeto, unha idea poética xurdiu desta
rede, resonábame no máis profundo:
Do estante no ángulo escuro,
do seu dono talvez esquecido,
silencioso e cuberto de po
víase o libro.
Canta letra durmía nas súas follas,
como o paxaro dorme nas pólas,
agardando a mente humana
que sabe aprecialas!
Ai! -pensei-. ¡Cantas veces o lector
así dorme no fondo da alma,
e unha voz, como Lázaro, agarda
que lle diga: «Érguete e le!»1
Alí estaba o
querido libro, agardándome como o bebé a súa papilla, como o neno a súa
piruleta e como o adolescente a súa compañeira. Tras saudar os soados bibliotecarios
que o seu habitáculo coidaban e os seus pupilos moderaban, corrín cara a el
para acariñar as súas melancólicas follas que por min agardaban. Sentámonos
como recentemente casados para falarmos e gozarmos, aínda lembro como se ría
cando as miñas finas e coidadosas mans de lector empedernido rozaban o seu
corpo rectangular.
Cal será a divina cólera de Deus todopoderoso que paga connosco os seus delicados enfados?,
Así el fíxoo
comigo, desatando a fame do anxo do tempo, que devora as máis bonitas sensacións
do fráxil humano, desbotándoas ao saco da historia. Mandou tocar a maldita
trompeta que me desposuíu da calor da miña nova compaña, pero ao humano sempre
lle toca pagar a súa débeda de vivir a existencia terrenal e por iso tiven que
despedirme, arrincar a pesada mochila do chan e fuxir á frialdade dos escuros
corredores, polos que divagan, desordenadamente, máis almas frustradas.
Referencias:
1. Baseado no poema de Gustavo Adolfo Bécquer ( Rimas, VII): Del salón en el ángulo oscuro
Título baseado na cita de Alan M. Dershowitz